En maio 2008 foi elixido Mordomo da Mercé polos seus compañeiros de Trono e ratificado pola Xunta Directiva. A el ímolo a entrevistar nesta ocasión.
De onde es Miguel?
Nacín no ano 1983 en Ferrol, concretamente no barrio de Canido, aínda que por diversas circunstancias da vida estiven coa miña familia vivindo noutros sitios de España.Canto tempo levas na Semana Santa de Ferrol?Ao redor de 18 anos. Participe de monaguillo no Ecce Homo, fun confrade de San Pedro e da Soidade. Como me gustaban, e gustan, as bandas estiven tocando a corneta nos Granaderos, Banda Ferrol e Acotaga. Desde aqui quero agradecer a todos eles por brindarme esa oportunidade.
e na Mercé porque entraches?
Entre porque a Mercé soábame a mocidade. Eu entre con 21 anos. Vina procesionar o primeiro ano, que eu non puiden saír, e pareceume unha confraría con futuro, con ideas novas. Eu sabía que iamos chegar onde estamos hoxe: recoñecida nesta semana Santa tan grandiosa que temos.
Que supuxo para ti asumir o posto de Mordomo?
Cando mo expuxeron pensei que non estaba preparado pero grazas ao apoio do Irmán Maior e dos meus compañeiros portadores recapacite e asumín o reto. Quero dar as grazas a César Carreño e a Luís de la Muela. Son dúas persoas que confiaron na miña e nunca defraudarei.Que papel ten o Mordomo na Confraría?É o encargado de tomar as decisións sobre os tronos. Organiza aos portadores nos actos da Confraría, ensaios,novidades, é a voz deles na Xunta Directiva,... Ás veces toma decisións un pouco dolorosas pero que buscan o ben común.
Que sentimento che produciu exercer este cargo?
Cando saín elixido Mordomo da Mercé pasei varias noites asomado á fiestra meditando a responsabilidade que tiña quitar á Virxe Branca polas rúas de Ferrol. Durante 5 anos leveina sobre os meus ombreiros e agora, ata que ela queira, guiarei o seu trono e a súa mirada polas rúas de Ferrol.Recordarei sempre o 8 de abril de 2009. Ese día esperteime nervioso e souben que hoxe era o día soñado: quitar á Virxe Branca.Cando a vin aparecer polo arco da capela mireina aos ollos e díxenlle "Aquí tesme Nai". A primeira mirada foi de arriba a abaixo. Cando a subimos encima do trono non a puiden volver mirar máis. Emocióneme coma se dun neno tratásese.
Reunidevos só en Semana Santa?
Non. Durante todo o ano o noso Irmán Maior dános un pouco a "lata" e dinos que aínda que os tronos esten parados "hai que engrasalos". Por iso ademais dos ensaios vemos vídeos para ir aprendendo cousas novas e corrixindo fallos. Tamén achegamos ideas para incorporar ao noso terzo e así facer que a Confraría suba un banzo máis.Formas parte da Directiva.
Cal é a túa misión nela?
Ademas da propia dun vogal tamén informo do que os portadores queren e expoño á Xunta ideas para ver se dan o seu consentimento.
Que lle pedirías aos Portadores?
Antes de nada felicitarlles e agradecerlles o seu apoio. Quero que saiban que ao Mordomo téñeno na Confraría e fóra dela para o que necesiten.E que lles pediría? Pois que continuemos avanzando no compromiso e identificación coa Confraría. Que se sintan orgullosos de ser Confrades da Mercé.
Grazas Miguel pola túa sinceridade.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario